HOXE OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL VIVIRON UNHA XORNADA MOI DOCE ELABORANDO BOMBÓNS E MERENDANDO BROCHETAS DE FROITA GRAZAS A COLABORACIÓN DE VERÓNICA, A NAI DE NEREA, ALUMNA DA CLASE DE 5 ANOS.
HAI UNS DÍAS XIANA TROUXO AO COLE DOUS GRILOS NUNHA CAIXIÑA DE PLÁSTICO "TERRARIO". AOS NENOS E NENAS GUSTOULLES MOITO ESA SORPRESA E NON DUBIDARON EN POÑERLLE NOME. DESTE XEITO TEMOS DOUS PEQUENOS COMPAÑEIROS NOVOS CHAMADOS JUARMI E ZANAHORIA.
O 16 DE MAIO CELEBRAMOS A XXI EDICIÓN DO CROSS ESCOLAR E OS NENOS E NENAS DE 3 ANOS CORRERON COMO VERDADEIROS ATLETAS. DESPOIS DE TANTO ESFORZO PUIDERON REPOÑER ENERXÍAS MERENDANDO UN BOCADILLO.
HOXE VISITOUNOS O POETA MOAÑÉS DANIEL COSTAS E CONTOUNOS O CONTO "O PIRATA CALABROTE" QUE ESTIVO MOI DIVERTIDO,... ADEMAIS LEU UN DOS SEUS MAGNÍFICOS POEMAS. PASÁMOLO XENIAL. MOITAS GRAZAS.
HOXE CELÉBRASE O DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA E OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL QUEREN FELICITAR ÁS SÚAS FAMILIAS POLO PAPEL FUNDAMENTAL E IMPRESCINDIBLE QUE TEÑEN NAS SÚAS VIDAS E NO SEU DESENVOLVEMENTO. PARABÉNS FAMILIAS .
COA CHEGADA DO MES DE MAIO OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E DE 1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA ASISTIRON Á PLANTACIÓN DE ÁRBORES NO PATIO DO COLEXIO DA MAN DE ALFONSO E PAULA, A NAI DE MARKUS, ALUMNO DA CLASE DE 5 ANOS.