Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como 4º infantil

DESPEDIDA CURSO 2019-2020

E xa chegou o último día de cole!!!!! Este ano un pouco diferente porque non podemos estar xuntos nin darnos os bicos e as apertas que tanto nos gustan pero coa mesma ilusión e con moitas mais de ganas de volver a estar xuntos de novo. 💏💑 Para despedir este curso aquí tedes o vídeo coas vosas mensaxes de cariño , cos vosos bailes e coa vosa alegría que é o motor dos nosos días. Esperamos que vos guste! Un bico enorme das vosas profes.💋💋💋💖💕 Vane, Eli e Evi

SAÍDAS Á CONTORNA DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS

Imagen
Como sabedes, o pasado 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medioambiente e para celebralo os nenos e nenas da aula de 3 anos saíron coas súas familias a desfrutar do privilexiado entorno natural que temos. ALBA foi a pasear coa súa familia a Meiro, desfrutou motísimo e aproveitou para recoller algo de basura e facerlle unha foto preciosa a unha flor. 🌷🌸 AROHA aproveitou a súa saída para facer un picnic e xogar nas árbores e tamén o pasou xenial! 🌳🌲🍒  No paseo de MARTÍN atopou moitas á rbores diferentes como xestas, castiñeiros, eucaliptos, piñeiros... E moitos herbas que xa coñecía como as silvas e os fentos e ata unhas plantiñas de amorodos. Tamén merendou nunhas mesas que estaban debaixo duns castiñeiros e había unha fonte o lado na que tirou unha folla de fento para ver como se ía coa corrente polo regato. Despois foi dar un paseo no que atopou unha arbore caida e montouse enriba!!!! E despois de dar os seus ...

ÚLTIMA PROPOSTA DO CURSO

Imagen
AQUÍ VAI A ÚLTIMA PROPOSTA DO CURSO!!! 👏👏👏 A semana que ven remata o colexio e chegan as tan ansiadas vacacións de verán. Seguimos intentando propoñer actividades sinxelas que non vos leven moito traballo, nin a vos, nin aos peques. Esperamos que as saídas pola natureza fosen divertidas e que pasarades un bo rato en familia. Queremos continuar cunha proposta medioambiental, xa que onte foi o 🌊 DÍA INTERNACIONAL DOS OCÉANOS 🌊. O noso concello, ademais de contar con numerosos espazos verdes, tamén se caracteriza pola gran cantidade de praias que rodean a nosa comarca.  Pero todas elas están sempre cheas de basura e, sobretodo, de plástico. Poñerlle esta imaxe aos vosos fillos e fillas e preguntarlles que creen que é. A continuación visualizade este vídeo en familia👇👪 Unha isla diferente Que podemos facer? Está nas nosas mans cambiar esta situación asíque vos animamos a que recicledes nas vosas casas!! 🔊 Esta semana queremos que saquedes a vosa imaxina...

TERCEIRO EXPERIMENTO

Imagen
Ola a tod@s!!! Sabedes que día é hoxe???? A ver mirade no calendario....👀👀 Xa vos escoito decir: MÉRCORES !!!! E que toca os mércores???? Pois un novo EXPERIMENTO !!!!! Hoxe imos xogar con cores e con auga. Vós pensades se a auga pode camiñar??? Si, non, si, non.... Pois con este experimento imos averiguar a resposta. Os materiais que precisamos son: Vasos de plástico Colorantes azul, amarelo e vermello. Auga Papel absorbente (papel de cociña ou similar). Pasos: Colocar sete vasos de plástico en fila e encher de auga o primeiro, o terceiro, o quinto e o séptimo. (encher ata arriba) Engadir 5 gotas de colorante vermello no primeiro e no último vaso. Engadir 5 gotas de colorante amarelo no terceiro vaso. Engadir 5 gotas de colorante azul no quinto vaso. Coller unha folla de papel absorbente e doblala pola mitad. Volver a doblar outra vez no sentido lonxitudinal. Colocar a folla de papel abosorvente doblada dun vaso ao outro, de forma que conecte cada vaso co seguinte...

OS NÚMEROS NA AULA DE TRES ANOS

Imagen
Ola a tod@s!!! Aquí tedes as fotiños para que vexades que ben saben contar os nenos e as nenas de 3 anos. E ademáis de contar, tamén souberon agrupar por cores, facer torres, clasificar obxectos…. É una marabilla ver como traballan estes nenos e nenas!!!!💖💕💗 ALBA   escolleu unhas conchiñas para facer as súas torres desde o 1 ata o 10. MARTÍN primeiro fixo filas de tapas, desde o 1 ata o 10. Ao día seguinte buscou cousas pola casa que tiveran a mesma cor e fixo filas con elas.  E tamén xogou cos bloques de lego a construír torres e ao final fixo una escaleira!!! Gustoulle tanto que o fixo 3 días seguidos! Ata tivo que usar os vehículos de construcción para poder poñer as pezas!!!!! IRIA tamén clasificou obxectos polas súas cores e empregou tapas con letras para contar e facer filas do 1 ata o 10!

Proposta de actividade nº9

Imagen
Ola nenos e nenas, ola familias!!! Arrancamos coa penúltima proposta de actividade para este curso. O próximo venres 5 de xuño coincide co Día Mundial do Medioambiente🌄 e as mestras non queremos deixar pasar esta oportunidade para que o celebredes por todo o alto. Moitas veces non somos conscientes do afortunados e afortunadas que son os nenos e as nenas de vivir nun sitio como é Galicia, rodeado de prados, bosques e montes fermosos🌲.  Ademais, o noso colexio é privilexiado por poder contar con estes recursos naturais no mesmo espazo onde os nenos e as nenas levan a cabo a súa actividade escolar. E xa por non falar dos numerosos espazos naturais cos que conta o noso Concello: o río da Fraga, o sendeiro de Rialdarca, a praia da Xunqueira ou do Con, Chan d' Arquiña, e un largo etcétera.   Por iso gustariannos que ao longo desta semana planificarades unha saída a un entorno natural próximo cos vosos fillos e fillas para que desfrutaran do ocio ao aire libre...