Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como 5º infantil

Primer día de colexio na clase de 5 anos

Imagen
Ola familias!! Xa comezamos de novo este curso tan diferente e complicado. Os nenos e as nenas da clase de 5 anos xa son os mais maiores do ciclo de infantil e hoxe fixéronno xenial coas súas rutinas de entrada, saída e hixiene. Todas as mestras de infantil estamos poñendo todo da nosa parte para crear o entorno educativo o máis seguro posible, pero as cousas non son fáciles, sobre todo á hora de manter as distancias. Aínda así farémolo o mellor que poidamos. Aquí vos deixo unhas fotiños do primeiro día, onde merendamos e xogamos moito ao aire libre por diferentes zonas da escola. Ademais de xogar nos recantos de maneira individual. Bicos e boa finde.

DESPEDIDA CURSO 2019-2020

E xa chegou o último día de cole!!!!! Este ano un pouco diferente porque non podemos estar xuntos nin darnos os bicos e as apertas que tanto nos gustan pero coa mesma ilusión e con moitas mais de ganas de volver a estar xuntos de novo. 💏💑 Para despedir este curso aquí tedes o vídeo coas vosas mensaxes de cariño , cos vosos bailes e coa vosa alegría que é o motor dos nosos días. Esperamos que vos guste! Un bico enorme das vosas profes.💋💋💋💖💕 Vane, Eli e Evi

Traballos - Proposta 10 - Clase 4 anos

Imagen
Agora sí, isto xa rematou!! A só tres días de que remate o colexio, imos coas fotos da última proposta deste curso tan especial. O que se pode aproveitar unha caixa de cartón!! Nahia fixo unha marabillosa casa de bonecas👪Ten bañeira, cadeiras, mesas, escaleiras e ata unha cama!! Tamén fixo coa súa tía un palo de choiva, serve para relaxarse 🙅 No vídeo está toda a explicación detallada: E Paula elaborou un magnífico maletín escolar💼. Forrou toda a caixa cun papel de princesas e dentro puxo uns compartimentos para gardar rotuladores, lapis, pegamentos... Teo ten moitas elaboracións🔨: fixo unha caixa con diferentes residuos plásticos, coches con rolos de papel e un lapicero cun bote de xel. Atentos e atentas aos vídeos de Li. Que estará facendo? Botádelle un ollo para averigualo👀 Son dúas cousas moi orixinais que de seguro a ninguén se lle ocorreu que se poden facer con plástico Nesta foto de Sergio pódese ver os seus novos obxectos reciclados co...

Traballos - Proposta 9 - Experimento 3 - Clase 4 anos

Imagen
Aquí estamos de novo unha semana máis, a penúltima!!  A Ada e a súa familia encántalle realizar rutas e saír a pasear por entornos naturais, así que acercáronse ao Lago Castiñeiras, á finca de Frendoal, a Chan D'Arquiña e á Cruz do Paralaia.🍀 Aquí tamén a podemos ver desfrutando na súa casa, non todo vai ser traballar!! Nahia aproveitou a súa saída coa súa irmá Xiana para quitarlle fotos a flores, cogumelos, árbores...🌺 Li foi a un lavadeiro antigo coa súa curmá Aroha e acompañado dos seus cadeliños. Alí aproveitaron e puxéronse a pescar 🐟 Paula acercouse ao monte do Carrachal. Subiuse a unha árbore, quitoulle fotos a unha piña, nunha fonte... Que ben o pasou!🍃🍄 Sergio achegouse ata a Poza da Moura e alí desfrutou das boas vistas e dalgún animal que atopou polo camiño🐍. Ao chegar a casa fixo un debuxo da súa saída cos seus acompañantes, non falta detalle.🌿 Teo mándanos fotos por diferentes sitios aos que foi, como o sende...

ÚLTIMA PROPOSTA DO CURSO

Imagen
AQUÍ VAI A ÚLTIMA PROPOSTA DO CURSO!!! 👏👏👏 A semana que ven remata o colexio e chegan as tan ansiadas vacacións de verán. Seguimos intentando propoñer actividades sinxelas que non vos leven moito traballo, nin a vos, nin aos peques. Esperamos que as saídas pola natureza fosen divertidas e que pasarades un bo rato en familia. Queremos continuar cunha proposta medioambiental, xa que onte foi o 🌊 DÍA INTERNACIONAL DOS OCÉANOS 🌊. O noso concello, ademais de contar con numerosos espazos verdes, tamén se caracteriza pola gran cantidade de praias que rodean a nosa comarca.  Pero todas elas están sempre cheas de basura e, sobretodo, de plástico. Poñerlle esta imaxe aos vosos fillos e fillas e preguntarlles que creen que é. A continuación visualizade este vídeo en familia👇👪 Unha isla diferente Que podemos facer? Está nas nosas mans cambiar esta situación asíque vos animamos a que recicledes nas vosas casas!! 🔊 Esta semana queremos que saquedes a vosa imaxina...

TERCEIRO EXPERIMENTO

Imagen
Ola a tod@s!!! Sabedes que día é hoxe???? A ver mirade no calendario....👀👀 Xa vos escoito decir: MÉRCORES !!!! E que toca os mércores???? Pois un novo EXPERIMENTO !!!!! Hoxe imos xogar con cores e con auga. Vós pensades se a auga pode camiñar??? Si, non, si, non.... Pois con este experimento imos averiguar a resposta. Os materiais que precisamos son: Vasos de plástico Colorantes azul, amarelo e vermello. Auga Papel absorbente (papel de cociña ou similar). Pasos: Colocar sete vasos de plástico en fila e encher de auga o primeiro, o terceiro, o quinto e o séptimo. (encher ata arriba) Engadir 5 gotas de colorante vermello no primeiro e no último vaso. Engadir 5 gotas de colorante amarelo no terceiro vaso. Engadir 5 gotas de colorante azul no quinto vaso. Coller unha folla de papel absorbente e doblala pola mitad. Volver a doblar outra vez no sentido lonxitudinal. Colocar a folla de papel abosorvente doblada dun vaso ao outro, de forma que conecte cada vaso co seguinte...

Proposta de actividade nº9

Imagen
Ola nenos e nenas, ola familias!!! Arrancamos coa penúltima proposta de actividade para este curso. O próximo venres 5 de xuño coincide co Día Mundial do Medioambiente🌄 e as mestras non queremos deixar pasar esta oportunidade para que o celebredes por todo o alto. Moitas veces non somos conscientes do afortunados e afortunadas que son os nenos e as nenas de vivir nun sitio como é Galicia, rodeado de prados, bosques e montes fermosos🌲.  Ademais, o noso colexio é privilexiado por poder contar con estes recursos naturais no mesmo espazo onde os nenos e as nenas levan a cabo a súa actividade escolar. E xa por non falar dos numerosos espazos naturais cos que conta o noso Concello: o río da Fraga, o sendeiro de Rialdarca, a praia da Xunqueira ou do Con, Chan d' Arquiña, e un largo etcétera.   Por iso gustariannos que ao longo desta semana planificarades unha saída a un entorno natural próximo cos vosos fillos e fillas para que desfrutaran do ocio ao aire libre...

Traballos - Proposta 8 - Experimento 2 - Clase 4 anos

Imagen
Benvido xuño!! Comezamos o mes cos traballos da octava proposta. Espero que non vos levara moito traballo e se divirtiran facendo o experimento e as torres. LI🗼 NAHIA🗼 PAULA🗼 ADA🗼 TEO🗼  Ademais aproveitou para facer gominolas caseiras!! Que boa pinta SERGIO🗼 NOE 🗼