SAÍDA AO TEATRO: "AURORA"
O VENRES 26 DE FEBREIRO FOMOS TODOS OS NENOS E NENAS DE EDUCACIÓN INFANTIL AO TEATRO A VIGO A VER A OBRA TITULADA AURORA.
AURORA É A HISTORIA DUNHA CURUXA Á QUE LLE GUSTA MÁIS A NOITE QUE O DÍA. CANDO ESCURECE VOA FELIZ, AXITA AS ÁS E ASUBÍA COMA O VENTO. MAIS AO AMENCER, ÉNCHESE DE TRISTURA. O SOL QUEIMA A SÚA PLUMAXE E CEGA OS SEUS OLLOS. O AVIADOR VAI TENTALO TODO PARA AXUDALA, MÁIS... SERÁ POSIBLE VIVIR NUN MUNDO SEN SOL?