A comezo de curso saímos pola contorna de Abelendo na procura de follas, paus e landras. Daquelas landras tras un longo proceso saíron uns carballiños. Mirade!!!
Hai uns días fixemos unha pequena investigación: Que sucederá se metemos témpera líquida no conxelador?Despois de conxelala pintamos coa témpera conxelada. Mirade que bonito!!!
A semana pasada foron Brais e Xoel os que trouxeron os seus traballiños sobre o país ao que lles gustaría viaxar. A Brais gustaríalle viaxar a Finlandia A Xoel gustaríalle viaxar a Italia Parabéns campións !!!
Hai uns días fomos ao invernadoiro para arrancar as malas herbas para que así crezan ben as leitugas, tomates e fresas. Unha vez limpo regamos todo !!!