SAÍDA AO TEATRO "OSIÑO"

Este luns 13 de febreiro fixemos unha saída ao teatro a Vigo para ver a obra "Osiño".
A vida nun anaco de bosque se transforma coa chegada das diferentes estacións. Neste lugar vive Osiño coa súa nai. Con eles pasaremos un inverno no que o protagonista ten moito frío, pero súa nai lle vai ensinar o que un oso debe facer para non telo e poder xogar coa neve. Na primavera coñeceremos ao avó de Osiño, que lle contará o seu conto favorito. No verán nos levará a dar un paseo nocturno para poder levarlle a súa nai un anaco de queixo moi  especial. E no outono celebraremos o seu aniversario con el e os seus  amigos Porquiño, Coello e os  ratonciños.


Comentarios