FELIZ DÍA DINTERNACIONAL DA MULLER

Dende o Equipo de Educación Infantil queremos felicitar a todas as mulleres neste día especial. 
Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER, nos últimos días estivemos investigando sobre unha muller relevante como é Antía Cal  unha pioneira que abriu en Vigo A Escola Rosalía de Castro  referente de renovación pedagóxica que incluía etapa infantil cando ninguén en España pensou que fora importante ir a clase antes de los sete anos. 
Despois de investigar sobre a interesante vida de Antía Cal e das moitísimas cousas que fixo pola educación cada clase quixo reflectir nun mural con forma de flor as cousas aprendidas. 
Os alumnos de 5 anos resumiron a súa biografía. Os de 4 anos nos amosaron as frases mais relevantes que resumen a incrible vida de Antía Cal. Por último os nenos e nenas de 3 anos quixeron ensinarnos algunhas fotos importantes da súa vida e dos moitos premios que recibiu pola súa labor no mundo da educación.



Comentarios