PLAN PROXECTA: ALIMÉNTATE BEN
Este ano o centro participa en diversos proxectos e un deles e o Plan Proxecta: "Aliméntate ben" que consiste en traballar diversos aspectos sobre a alimentación e unha das actividades consiste en merendar froita durante dous períodos de 15 días. Xa estamos a piques de rematar a primeira quenda de froita!!! Os nenos de Educación Infantil están sendo os encargados de recibir a froita, lavala e repartila polas demais clases do cole. Os nenos e nenas están entusiasmados coa limpeza e reparto de froita xa que teñen un papel protagonista e importante frente os seus compañeiros de cursos superiores.
Con esta actividade ademais de traballar aspectos dunha alimentación saudable tamén traballamos conceptos matemáticos coma os números (repartir a froita dependendo do número de alumnos de cada aula), maior e menor cantidade e aprendemos valores como o de colaborar e facer algo polos demais.

Merendamos mazás, lavámolas e repartímolas a 4º, 5º e 6º
Nesta ocasión merendamos mandarinas!!!
Hoxe tocou melón! Encántanosssss!
Repetimos coas mandarinas! Que doces están!
Merendamos plátano.
Comentarios
Publicar un comentario