PAUL KLEE 1: VERSIONAMOS "BAILANDO POR MIEDO"
Na clase de 4 anos hai un días atopamos na clase unha imaxe dun home que despois dunha pequena investigación resultou ser o artista Paul Klee. Estivemos buscando información da súa vida e dos seus cadros e comezamos versionando a súa obra "Bailando por miedo"
Despois de reflexionar sobre o contido do cadro, de se nos gustaba ou non, da emoción que nos transmitía ao velo, e por qué? decidimos reproducir as posturas que aparecen no cadro.
Ao día seguinte fixemos a nosa propia versión do cadro debuxando as partes do corpo a partires de catro formas xeométricas e pegando anacos de follas secas dentro delas.
Comentarios
Publicar un comentario