ALMORZOS SAUDABLES
O xoves e venres desta semana os nenos e nenas de Educación Infantil almorzamos no cole dun xeito moi saudable. Primeiro nos falaron da importancia de comer ben para crecer e ter enerxía e dos alimentos que son beneficiosos para o noso desenvolvemento.
Despois almorzamos produtos dos cinco grupos (cereais, aceite, froita, lacteos e hortalizas)
Aquí vos deixamos algunhas fotos:
Comentarios
Publicar un comentario