SAÍMOS AO TEATRO: "ANTÓN COMODÓN"
Hoxe fomos ao teatro a Vigo a ver a obra "Antón Comodón" que trata sobre a historia de Antón, a quen de neno na súa casa llo facían todo, non facía falta que aprendera nada si el non quería. Cando medrou tiña un axudante, Nicolás, que era o encargado de facerllo todo. Pero un día Nicolás pensou que xa tiña bastantes cartos e foi vivir as illas verdes,... Antón non sabía vivir sen axuda: nin vestirse, nin atalos os cordóns, nin tan sequera comer só a sopa!
Así pois decidiu comezar unha longa viaxe en busca de Nicolás, atravesando campos, cidades e lugares descoñecidos para el, como unha granxa e un porto.
Durante a viaxe Antón foi aprendendo moitas cousas. Cando por fin chegou ás illas verdes e atopou ao seu axudante deuse de conta que aprendera tanto que era capaz de valerse por si mesmo e foi entón cando decidiu quedarse a vivir y botar unha man a Nicolás co seu carriño de xeados, como dous bos amigos.
No autobús
Antes de ir ao teatro fomos a xogar a un parque.
Despois de xogar merendamos para repoñer forzas.
No teatro
Aquí tedes algúns fragmentos da obra
Comentarios
Publicar un comentario