DESPEDIMOS O CURSO!!! BOAS VACACIÓNSSS!!!
O pasado 18 de Xuñio saímos de excursión ao Parque dos Sentidos, logo fixemos un roteiro polas rúas máis
importantes de Pontevedra. Despois comemos na Illa das
Esculturas en A Xunqueira-Pontevedra. Por último, collemos o tren cara Vigo onde había un autobús que nos trouxo de volta a Moaña.
No parque dos sentido na granxa de Briz (Marín)
Merendando na Illa das Esculturas (Pontevedra)
No tren camiño de Vigo.
O martes 19 tivemos festa da auga, onde xogamos con xeringas, trasvase con vasos, rampa de auga, pistolas de auga, globos de auga e xogo de esponxas.
Encántanos a rampa de auga!!!
Unhas esponxas moi esvaradizas.
Onte fomos a praia da Xunqueira e despois ao parque. Pasámolo xenia!!!
Hoxe puxemos o broche final a este curso coa celebración do XXV Cross Escolar de Abelendo.
Comentarios
Publicar un comentario