Día da amizade💖
Hoxe estivemos de noraboa!! Recibimos varios agasallos. Lois preparou un corazón para cada un de nós. GRAZAS, LOIS!! E Laia tamén nos regalou unha tarxeta, feita con moito cariño!! GRAZAS, LAIA!!! É un gusto e un pracer poder compartir o meu tempo cunhas persoas pequenas cuns corazóns TAAAAN GRANDES!!! Agora a celebrar esta fantástica tarde de sol cos que máis queredes e lembrade que sempre, sempre, por moito que chova... SEMPRE SAE O SOL!!!!