Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2019

Saída escola de música

Imagen
Outro ano máis, demde a escola de música convidáronnos a escoitar un conto musicado. Encantounos todo, baixar a Quintela camiñando, escoitar a música e subir en bus. Un día perfecto!! Grazas ás persoas que dende a escola de música se preocupan e traballan para que a rapazada poida desfrutar coa MÚSICA!!

As familias contan moito, segunda entrega!!

Imagen
Fai uns días tivemos visita na clase. A mamá de Sara viu contarnos un conto que nos gusta moito "A mellor sopa do mundo" Viu cargadiña e, de feito preparamos unha rica sopa: pemento, cebola, tomate, cogumelos...e mel, moita, moita mel!! Pasámolo en grande e, como di o libro, o mellor, disfrutar xuntos!!👏👏 Un pracer que viñeras, Rosana!! Volve cando queiras, estaremos encantados!!😊😊 Moitísimas grazas por vir!!

Aniversario Carmen

Imagen
Este mes de marzo celebramos en clase o aniversario de Carmen. Cumpriu 5 aniños e este ano xa lle apeteceu que lle cantaramos o "cumpreanos feliz" O sol xa deu 5 voltas á terra na súa vida e por iso o celebramos. Parabéns, Carmen!! Toda a felicidade do mundo!! Querémoste!!

Cumpleanos deste curso

Imagen
Este curso, celebramos varios aniversarios en setembro, debido aos problemas que tiven coa plataforma de comunicación que empregamos, algún deles non puiden compartilo con vós. Imos a recordalos para que poidades velos todos, antes de  comezar cos deste ano.

A ENTROIDAR!!!!

Imagen
Onte, foi un día moi divertido co cole. O tempo acompañounos polo que pudemos ir ata San Martiño, cantando, bailando e pasándoo ben. Saímos do cole ás 11:30 e camiñamos baixo o sol, comendo palomitas, moooooitas palomitas, ata chegar á igrexa. Despois baixamos e comemos unha morea de doces que as familias prepararan para nós. Grazas a todas e todos!!!  Foi unha mañá divertida donde pudemos desfrutar XUNTAS!!  Agora uns días de descanso, bueno...mellor dito, uns días sin cole🤣🤣🤣 pasádeo de maravilla e a desfrutade moito deste voso cuarto entroido!!!!

As familias contan moito!! Primeira entrega

Imagen
Estasemana tivemos a primeira visita familiar para contarnos un conto. Tania, a irmá de Lois viu ao cole a contarnos o conto   Queres ser meu amigo?? Gustounos moito que viñera e, aínda que as nenas e nenos son moi tímidos e casi non falaron a verdade é que o disfrutaron moito e Lois estaba moi orgulloso dela!! Tania, grazas por vir!! Estas convidada cando queiras. É un pracer recibirvos na nosa CASA