Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2019

Mandalas de outono

Imagen
A chegada do outono permite facer cousas tan fermosas como estas mandalas que artellaron todos os nenos e nenas. Mesturamos as clases e este foi o resultado! Mirade que concentrados estaban todos/as.  

Ioga coa profe Silvia

Imagen
A semana pasada nenos e nenas puideron desfrutar dunha pequena sesión de ioga feita pola profe Silvia. Facer ioga promove a relaxación, estimula o autocontrol e axuda a mellorar o noso equilibrio e coordinación.

Contacontos

Imagen
Este ano poñemos en marcha todos os luns, despois do recreo, unha sesión de contacontos na biblioteca por parte das mestras de educación infantil. Estas dúas semanas contamos o conto de "O incrible neno devorador de libros" e "A que sabe a lúa?". Os nenos e nenas pasanno xenial!

Acaba co malo co amor

Imagen
Dado os últimos acontecementos relacionados coa violencia machista, as mestras de infantil non podiamos quedarnos de brazos cruzados, polo que decidimos unirnos á iniciativa de Anxo Moure "Corazóns solidarios". Quixemos convertir as noticias feas en algo bonito, decidimos convertir a violencia machista en amor. destruimos coas nosas mans as noticias malas, as trituramos coa batidora e cunha peneira e moldes en forma de corazón cada neno e nena fixo o seu corazón solidario, para acabar co malo co amor. Coa violencia, tolerancia cero.

INXUSTIZA, MANIFESTACIÓN, QUEREMOS UN MUNDO MOITO MELLOR

Imagen
Benvidos e benvidas a todas as familias a este novo curso 2019-2020!! O colexio de Abelendo comezou este novo curso escolar coa iniciativa de Teachers for future "Semana polo clima". Durante toda a semana os nenos e nenas do centro levaron a cabo diferentes iniciativas para loitar en contra do cambio climático, que finalmente desembocaron o pasado venres nunha manifestación ao ritmo da frase "Insuztiza, manifestación, queremos un mundo moito mellor!" Na foto podedes ver o resultado final e na páxina web podedes ver un pequeno resumo. Cambiar o mundo é cousa de nenos/as!!