Entradas

Mostrando entradas de enero, 2020

Xogando coa lecto-escritura e a lóxico-matemática

Imagen
Familias!! Mirade que ben o pasamos xogando con distintos materiais de lecto-escritura e lóxico-matemática!! Non hai mellor maneira que aprender xogando!!

Aniversarios xaneiro na clase de 4 anos

Imagen
No mes de xaneiro celebramos na aula os aniversarios de Ada e Teo. Sopraron as velas, cantámoslles o cumpreanos feliz e bailamos todos xunt@s. Ademais, os cumpreañeiros pintaron o seu cadro de aniversario, que colgamos pola clase. Grazas familias por promover a alimentación saúdable con estes postres caseiros tan ricos!! ANIVERSARIO DE ADA ANIVERSARIO DE TEO

OS CASTELOS: QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER

Imagen
A clase de 4 anos comeza un novo proxecto. Despois dunha intensa votación (Dinosaurios vs. Castelos) finalmente con 5 votos saiu elixido "Os castelos". Fixemos unha choiva de ideas para anotar todo o que sabemos acerca de este tema e despois poder concretar todo aquilo que non coñecemos e que queremos investigar. No "Que sabemos?" saíron as seguintes ideas: - Teñen princesas - Serven para defenderse - Teñen unha bandeira - Viven reis e raíñas - As cabaleiras e os cabaleiros matan aos malos - Teñen ventás, portas e escaleiras - Hai princesas que dicen "socorro, socorro" - Os cabaleiros/as teñen escudos e espadas para protexerse das frechas - Tamén teñen pistolas - Os atacan zombies, esqueletos, vampiros, bruxas, lobos e dragóns Despois, centrámonos no "Que queremos saber?": - Cales son as partes dun castelo? - Hai castelos preto de Moaña? - Quen vive nos castelos? - Para que serven? - Que utilizan os cabaleiros/as para loitar? -

Agasallos de Nadal

Imagen
Xa estamos de volta, familias! Antes de nada, as mestras do equipo de infantil queremos desexarvos un Feliz Ano 2020!! Comezamos o segundo trimestre coas pilas cargadas ao 100%, desexando comezar a traballar xa nos novos proxectos das aulas e evolucionando e aprendendo día a día cos nenos e coas nenas. Á volta das vacacións apareceron nas diferentes aulas os agasallos de Nadal. Na aula de 3 anos os Reis Magos deixaron un montón de agasallos sobre o corpo humano, que sorte estes pequen@s!! Na aula de 4 anos o Apalpador deixou tres xogos de madeira: Na aula de 5 anos tamén se acercaron os Reis Magos e deixaron uns xogos moi divertidos: