Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2020

Aniversarios febreiro na clase de 4 anos

Imagen
No mes de febreiro a aula de 4 anos estivo cargada de aniversarios que celebrar. Comezamos co aniversario de Nahia, seguindo polo de Noelia e rematando co de Lino. ANIVERSARIO DE NAHIA ANIVERSARIO DE NOE ANIVERSARIO DE LINO

A biblioteca do cole!

Imagen
Alá polo mes de xaneiro realizamos un obradoiro coa profe Silvia, estivemos no novo recuncho da biblioteca e ensinounos a xogar coa mesa de luz. Moito aprendemos!!! Podedes ver máis fotos e novas no blog da biblioteca! Podedes acceder dende o seguinte enlace http://abelendo.blogspot.com/

Xogamos coa mesa de luz

Imagen
A profe Silvia levounos á biblioteca para ensinarnos como podemos xogar coa mesa de luz. Hai moitos materiais que temos que tratar con coidado para que non se rompan e que poidan utilizar o resto de nenos e nenas do colexio. Agora cada vez que imos facer o préstamo de contos aproveitamos e xogamos un pouco na mesa de luz.

Excursión ao teatro "O lobo e a lúa"

Imagen
O día 3 de febreiro visitamos o teatro Afundación para ver a obra "O lobo e a lúa". Conta a historia dun lobo que chama pola Lúa porque ten algo moi importante que dicirlle, pero a Lúa está moi alta e non o escoita. Así, o lobo fará o imposible por falar coa Lúa. É unha marabilla levar a estes nenos e nenas de excursión porque pórtanse xenial!!

Contacontos xaneiro

Imagen
Aquí vos deixamos unhas cantas fotos dos últimos contacontos realizados polas mestras!! A profe Vane leunos un conto moi divertido "Un becho estraño", un conto que cando remata volve empezar!!  Coa profe Evi fixemos mesturas de cores co libro de Hervè Tullet "Colores", así puidemos ver como cambian as cores cando se mesturan con outras!! Agora é o voso turno, familias!!

PROXECTO OS CASTELOS: FACEMOS UN CASTELO CON LADRILLOS

Imagen
Aproveitamos os ladrillos da aula de Psicomotricidade para facer un castelo. Primeiro, debuxamos no encerado o noso bocexo, e despois puxémonos mans á obra. Comezamos facendo un cadrado con forma de muralla e despois catro torres de garda, unha en cada esquina. Foi unha pena que non tiveramos máis ladrillos para poder facer a torre da homenaxe. Antía tuvo a xenial idea de merendar dentro, asíque así o fixemos!! Dentro tamén bailamos a canción "Vivo en un castillo medieval", que podedes escoitar neste enlace Canción Vivo en un castillo medieval

PROXECTO OS CASTELOS: VISÍTANOS O PAI DE NAHIA

Imagen
Que visita tan agradable tivemos o venres!! O pai de Nahia viu a nosa aula para contarnos unha historia moi interesante: a historia de Juana de Arco. Acompañou esta historia dunha barbie convertida en guerreira, co seu traxe azul, que artista!! Todos os nenos e nenas permaneceron moi atentos á historia que o pai de Nahia lles contou sobre esta muller campesiña que se converteu en guerreira, un exemplo máis da valentía e coraxe que poden ter as mulleres. É moi importante que as nenas teñan referencias femininas durante estas idades, para que poidan empoderarse e poder chegar a ser quenes queiran nun futuro, superando os obstáculos sociais que a sociedade actual lles impoñe. Se queredes investigar e coñecer máis acerca desta guerreira, podedes atopar información aquí:  Historia de Juana de Arco Juana de Arco na Wikipedia   Moitas grazas pola visita!!

PROXECTO OS CASTELOS: INFORMACIÓN DA CASA

Imagen
Xa comeza a chegar información da casa sobre o noso proxecto dos castelos!! LINO trouxo un debuxo moi bonito dun castelo, NOELIA e SERGIO dous xoguetes dun cabaleiro medieval, NAHIA información sobre o castelo de Soutomaior, ANTÍA un conto pop-up "Mi primer castillo de dragones" e información sobre o castelo de Moeche e o castelo de San Felipe e ADA fotografías coa súa familia por diferentes castelos de Galicia e de España. Cantas cousiñas para investigar, temos moito traballo por diante!!

PARTES DUN CASTELO

Imagen
Estivemos investigando cos libros que nos deixou Dino cales son as partes dun castelo. As máis importantes son o foso, a ponte levadiza, a muralla, a torre de garda, a torre da homenaxe e o patio de armas. Tamén xogamos a poñerlle as partes a un castelo que nos debuxou a profe Altea.

OS CASTELOS: RECUNCHO DO PROXECTO

Imagen
Xa temos listo o noso recuncho do proxecto!! Dino deixounos algúns libros da biblioteca para investigar e entre tod@s pintamos a nosa cabaleira medieval, á cal lle chamamos, despois dunha votación, CABALEIRA ROSALÍA