COMEZAMOS O PROXECTO DE ANDY WARHOL

HAI VARIAS SEMANAS CANDO CHEGAMOS AO COLE ATOPÁMONOS CUNHA SORPRESA!!! UNHA MALETA!!! PREGUNTÁMONOS QUE SERÁ?, QUE TERÁ?



NON PODÍAMOS ESPERAR NIN UN SEGUNDO, ASÍ QUE FOMOS CORRENDO A ABRILA. ATOPAMOS UNHA FOTO (TIVEMOS UNHA CONVERSACIÓN LONGA POIS NON NOS POÑÍAMOS DACORDO EN SE ERA UN HOME OU UNHA MULLER), E DIFERENTES IMAXES (PRONTO DESCUBRIMOS QUE ERAN CADROS)



PARA DESCUBRIR O NOME DESA PERSOA FIXEMOS UN PEQUENO XOGO SEMELLANTE AO DO AFORCADO (PERO NESTE CASO O QUE SE DEBUXABA ERA UNHA CASIÑA), ATA QUE DESCUBRIMOS QUE SE TRATA DE ANDY WARHOL.



DURANTE DÚAS SEMANAS RECIBIMOS PEQUENAS PISTAS DA SÚA BIOGRAFÍA. CANDO CHEGÁBAMOS AO COLE ÍAMOS CORRENDO A VER SE RENATA NOS DEIXARA ALGUNHA PISTA. CON ESAS PISTAS FOMOS ELABORANDO UN MURAL COA BIOGRAFÍA DE WARHOL.







       PARA REMATAR O MURAL PINTAMOS UN RETRATO DE WARHOL AO SEU ESTILO 




Comentarios