QUE CANDEA SE APAGARÁ ANTES?
HAI UNS DÍAS OS NEN@S DE 3 E 5 ANOS FIXEMOS UN PEQUENO EXPERIMENTO-INVESTIGACIÓN. A CUESTIÓN FOI DO MAIS SINXELA, TAN SÓ PRECISAMOS DÚAS CANDEAS, UN VASO E UN CHISQUEIRO. AS PREGUNTAS FORON AS SEGUINTES: QUE CANDEA SE APAGARÁ ANTES? POR QUE? AS HIPÓTESES DA CLASE DIVIDÍRONSE NOS QUE OPINABAN QUE SE ÍA APAGAR PRIMEIRO A QUE ESTABA FÓRA DO VASO PORQUE FACÍA FRÍO E PODÍA DARLLE O VENTO E OS QUE OPINABAN QUE SE APAGARÍA PRIMEIRO A CANDEA QUE ESTABA DENTRO DO VASO PORQUE NO SEU INTERIOR FACÍA DEMASIADA CALOR.
CANDO OBSERVARON O QUE SUCEDÍA ALGÚNS QUEDARON SORPRENDIDOS E ISTO DOUNOS PÉ PARA FALAR DA IMPORTANCIA DO OSÍXENO PARA QUE TEÑA LUGAR A COMBUSTIÓN.
Comentarios
Publicar un comentario