Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2017

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Imagen
O 24 febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Na clase de 3 anos estivemos investigando un pouquiño sobre ROSALÍA DE CASTRO. Primeiro miramos no ordenador a súa foto e fixemos as nosas hipóteses sobre a que se podía adicar, ata que cunhas pistas descubrimos que foi unha escritora galega. Despois para descubrir o seu nome fixemos un xogo de letras no cal iamos nomeando unha letra cada un e se acertabamos o profe as colocaba no seu sitio ata que formamos o seu nome e apelido. Tamén escoitamos dous poemas dela ademais dunha canción moi coñecida do seu poema "Adios ríos adios fontes". Tamén participamos nas actividades propostas dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega colaborando na elaboración dun mural de Rosalía de Castro e na decoración das escaleiras do colexio cun poema.

UNS MONSTROS DE CORES ESPECIAIS!!!

Imagen

OS INDIOS DE ABELENDO

Imagen

DISFRAZÁMONOS DO TEMPO ATMOSFÉRICO

Imagen
Hoxe na clase de tres anos nos disfrazamos de sol, treboada e nubes. Encantáronos estes divertidos disfraces!!!  

PREPARÁMONOS PARA O ENTROIDO

Imagen
Na clase de 3 anos comezamos a semana disfrazándonos de MAGOS!!! Pasámolo xenial facendo o disfraz!!! Somos uns grans artistas!!!