Estes días estivemos falando das cousas que nos poñen alegres, tristes, dan medo,... Despois da asemblea fixemos 3 grupos de 3 alumnos cada un para reflictir as emocións nun cadro pegando anacos de folios de diferentes cores sobre unha cartolina negra. Por último só tivemos que inventar un título para cada cadro.
Hai unhas semanas comezamos na clase de 3 anos un proxecto de arte sobre Judith Scoth coñecida como a muller araña. En primeiro lugar descubrimos a súa imaxe e a través dun xogo de letras coñecimos o seu nome. Tamén observamos un pequeno documental sobre a súa vida onde descubrimos a súa conmovedora historia. Nestes intres estamos facendo esculturas ao seu estilo , é dicir, envolvendo fíos, la ou trapillo. Nesta primeira escultura empregamos os carozos que debullamos na clase hai uns meses. Mirade que artistas!!!
Hoxe, na clase de 3 anos, levamos a cabo un experimento con leite, lavavaixelas e colorante alimentario. O primeiro que fixemos foi plantexar hipóteses sobre o que sucedería cando metésemos o bastonciño con lavavaixelas no leite cunhas gotas de colorante. Entre todos e todas puxémonos mans á obra para botar primeiro leite. Despois o profe botou o colorante alimentario (por iso de non mancharnos moito xa que non cae), para cun bastociño cheo de lavavaixelas descubrir que as "cores escapaban" unhas das outras facendo debuxos chulísimos. Despois cubrimos nun traballiño o que sucedeu no experimento.
Hoxe Paula cumpre 4 anos!!! Para celebrar o seu aniversario comemos tarta, cantámoslle o cumpreanos feliz, fixémoslle uns agasallos e bailamos moito. Pasámolo moi ben!!! Parabéns campiona!!!
Nos últimos días na aula de 3 anos fixemos unhas obras de arte moi chulas deixando gotear a témpera líquida sobre unha cartolina negra. Unha vez que a acabamos cada neno e nena elixiu un título para a súa obra. A verdade é que somos moi creativos e puxémoslle uns títulos chulísimos. "Flores", "El paraíso", "Sol", "Gonzalet",.. .
El cuento "Así es mi corazón" es un álbum troquelado homenaje a las emociones y los sentimientos de los niños, para que los reconozcan en todas sus formas y todos sus colores: alegría, tristeza, calma, enfado, miedo. "Mi corazón es como una casita. Dentro pasan muchas cosas ¡y están todas revueltas! Hay risas ruidosas y días con lluvia, enfados grandotes y ganas de saltar a la pata coja. Hoy voy a abrir la puerta de mi corazón para invitarte a pasar".