Entradas

Mostrando entradas de enero, 2018

PLAN PROXECTA: ALIMÉNTATE BEN

Imagen
Este ano o centro participa en diversos proxectos e un deles e o Plan Proxecta: "Aliméntate ben" que consiste en traballar diversos aspectos sobre a alimentación e unha das actividades consiste en merendar froita durante dous períodos de 15 días. Xa estamos a piques de rematar a primeira quenda de froita!!! Os nenos de Educación Infantil están sendo os encargados de recibir a froita, lavala e repartila polas demais clases do cole. Os nenos e nenas están entusiasmados coa limpeza e reparto de froita xa que teñen un papel protagonista e importante frente os seus compañeiros de cursos superiores. Con esta actividade ademais de traballar aspectos dunha alimentación saudable tamén traballamos conceptos matemáticos coma os números (repartir a froita dependendo do número de alumnos de cada aula), maior e menor cantidade e aprendemos valores como o de colaborar e facer algo polos demais. Merendamos mazás, lavámolas e repartímolas a 4º, 5º e 6º Nesta ocasión merendamos

INICIACIÓN Á SUMA

Imagen
Esta semana falamos de que é iso de sumar? Chegamos á conclusión de que é xuntar cousas!!! Despois xogamos cos aros a sumar cunchas!!!

XOGAMOS A OCA

Imagen
Na clase de 4 anos encántanos xogar aos xogos de mesa!!! Esta semana decidimos xogar á Oca xigante onde ademais de divertirnos traballamos os números e algúns conceptos como anterior - posterior.

AGASALLOS DE NADAL

Imagen
Despois das vacacións de Nadal cando chegamos ao cole levamos unha gran sorpresa!!! Os reis Magos pasaron polas clases de infantil!!! Xogando coas formas xeometricas imantadas   Xogamos coa casiña e os mobles que tanto nos gustan!!!

O NADAL DOS CROCODILOS

Imagen
Fomos ao cine a ver "Coco" Elaboramos con material de desfeito e elementos naturais as Postais de Nadal  Decoramos piñas para colgar na árbore das nosas casas Tivemos a sorte de contar con Itziar, nai de Anaís, que preparou un fantástico obradoiro de Nadal.   Recibimos a visita de Papa Noel que veu cuns elfos que nos resultaban moi familiares!!!   Fixemos as nosas bolas de Nadal. Fixemos a habitual merenda cos doces típicos de Nadal.