Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2018

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO 24 DE FEBREIRO

Imagen
Hoxe os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria saímos polas rúas de Abelendo a repartir claveis vermellos e poemas de Rosalía de Castro. A verdade é que o pasamos bastante ben!!! Despois xuntámonos na biblioteca do cole para recitar poemas da nosa escritora por excelencia.

PAUL KLEE 1: VERSIONAMOS "BAILANDO POR MIEDO"

Imagen
Na clase de 4 anos hai un días atopamos na clase unha imaxe dun home que despois dunha pequena investigación resultou ser o artista Paul Klee . Estivemos buscando información da súa vida e dos seus cadros e comezamos versionando a súa obra " Bailando por miedo " Despois  de reflexionar sobre o contido do cadro, de se nos gustaba ou non, da emoción que nos transmitía ao velo, e por qué? decidimos reproducir as posturas que aparecen no cadro. Ao día seguinte  fixemos a nosa propia versión do cadro debuxando as partes do corpo a partires de catro formas xeométricas e pegando anacos de follas secas dentro delas.

PREPARANDO O ENTROIDO

Imagen
 Fixemos coroas Fomos peliqueiros   Máscaras venecianas  

RECICLAMOS CON BEE-BOT

Imagen
Onte estivemos xogando con Bee-bot a reciclar. Cada un de nós elixía un produto (cartón, frasco vidro, vasos, briks de leite, zume, papel de xornal,...)e con Bee-bot intentaba levalo ao colector correspondente. A verdade que as actividades con Bee-bot nos encantan!!!