DÍA DA AMIZADE

O pasado 14 de febreiro celebramos o día de San Valentín e da amizade. Para iso miramos un videoconto "Así es mi corazón" un fabuloso álbum homenaxe ás emocións e os sentimentos dos nenos, para que os recoñezan en todas as súas formas e todas as súas cores: alegría, tristeza, calma, enfado, medo.
A sinopse do conto é:
"O meu corazón é como unha casiña. Dentro pasan moitas cousas e están todas revoltas! Hai risas ruidosas e días de choiva, enfados grandullóns e ganas de saltar a pata coxa. Hoxe vou abrir a porta do meu corazón para convidarte a pasar".
Despois de ver o videoconto representamos en cartón os nosos corazóns tal e como nos cremos que é.


O que tivemos claro foi que os nosos corazóns teñen moitas cores!




Comentarios