PROXECTO DINOSAUROS 3

Estes días estivemos lendo nos libros de dinosauros que trouxemos da casa que eran e como eran os dinosauros? Xa sabemos que eran reptiles prehistóricos, que eran de diferentes cores e tamaños, que algúns andaban a 4 patas e outros con dúas, que algúns eran herbívoros e outros carnívoros, incluso que a súa pegada era diferente. Tamén estivemos lendo algunhas características dun dos nosos dinosauros prefereridos o Tiranosauro Rex e do Braquiosauro. Despois de falar das súas características e diferenzas decidimos modelar con plastilina o Braquiosauro. Fíxonos tanta ilusión que pronto repetiremos con outros dinosauros (gústannos tanto os dinosauros que ata fixemos as pedras que o Braquiosauro tragaba para facer a dixestión )


Estamos feitos uns artistazos!!!


 Que non falten árbores para que coman as follas os Braquiosauros

Comentarios