Entradas

Mostrando entradas de abril, 2018

OS NOSOS CONTOS FAVORITOS

Imagen
Polo Día do Libro debuxamos un dos nosos contos favoritos.

PINTAMOS A PRIMAVERA DE VIVALDI

Imagen
Onte estivemos falando na clase sobre a primavera, as abellas, o mel, as flores, o polen e se nos gusta esta estación e por qué. Ademais fixemos a relaxación escoitando a primavera de Vivaldi. Despois da relaxación debuxamos con pincel a primavera mentres tiñamos de fondo a música!!!   Estivemos tan relaxados e concentrados que incluso algún de nos preguntou polo profe mentres nos gravaba pois pensabamos que non estaba na clase!!!    Que grandes artistas estamos feitos.

PLANTAMOS XIRASOIS, FRESAS E RÚCULA

Imagen
Andrés, da clase de 4 anos, trouxo pipas de xirasol para que sementemos na clase. Xa hai cousa dun mes que as plantamos. Moitas grazas Andrés e familia!!!  Decoramos as macetas O luns trasplantamos os xirasois e plantamos fresas nos neumáticos que temos ao lado da pista deportiva.  Nen@s trasplantando xirasois e plantando fresas Non soamente tivemos que plantar senón que temos que intentar manter a plantación e para iso temos que regar todos os días!!!   Hai unhas semanas tamén fixemos semilleiros de Rúcula en cáscaras de ovos.       Nos vindeiros días teremos que trasplantala!!!

PLANTAMOS... (VOZ NATURA)

Imagen
O pasado xoves os alumnos de infantil fomos camiñando ata a agraria que está preto do cole para mercar l eitugas, fresas, tomates, cebolas, brocoli, chícharos ,...  O venres comezamos plantando leitugas dentro do noso invernadoiro e cebolas fóra.   Nos vindeiros días seguiremos plantando todo o que mercamos pois é moi divertido!!!

PROXECTO DINOSAUROS 6 (ESQUELETO)

Imagen
Reproducimos o esqueleto de dinosauro e todos coincidimos en facer o de Tiranosauro Rex!!!

PROXECTO DINOSAUROS 5

Imagen
Despois de investigar sobre os esqueletos dos dinosauros e o nome dalgún oso modelamos con pasta branca osos de dinosauros, marcamos as súas pegadas e incluso fixemos fósiles para noutro día converternos en paleontólogos e intentar atopalos. Isto de modelar é o noso!!! 

ALMORZOS SAUDABLES

Imagen
O xoves e venres desta semana os nenos e nenas de Educación Infantil almorzamos no cole dun xeito moi saudable. Primeiro nos falaron da importancia de comer ben para crecer e ter enerxía e dos alimentos que son beneficiosos para o noso desenvolvemento.  Despois almorzamos produtos dos cinco grupos (cereais, aceite, froita, lacteos e hortalizas) Aquí vos deixamos algunhas fotos:

Pintando a primavera

Hoxe ao chegar topamos enriba da mesa unha planta, folios, pintura e pinceis. Pouco a pouco animámonos a pintar. Reproducimos o que vimos, ao noso modo, sen moita atención, rápido, sen pararnos nos detalles. Pouco a pouco iremos traballando nisto, o importante de observar para entender as cousas, para captar a esencia , para chegar ao importante... Aquí tendes unha mostra...