Entradas

Mostrando entradas de junio, 2018

DESPEDIMOS O CURSO!!! BOAS VACACIÓNSSS!!!

Imagen
O pasado 18 de Xuñio s aímos de excursión ao Parque dos Sentidos, logo fixemos un roteiro polas rúas máis importantes de Pontevedra. Despois comemos na Illa das Esculturas en A Xunqueira-Pontevedra. Por último, collemos o tren cara Vigo onde había un autobús que nos trouxo de volta a Moaña. No parque dos sentido na granxa de Briz (Marín)   Merendando na Illa das Esculturas (Pontevedra)   No tren camiño de Vigo.   O martes 19 tivemos festa da auga, onde xogamos con xeringas, trasvase con vasos, rampa de auga, pistolas de auga, globos de auga e  xogo de esponxas.     Encántanos a rampa de auga!!!     Unhas esponxas moi esvaradizas. Onte  fomos a praia da Xunqueira e despois ao parque. Pasámolo xenia!!!    Hoxe puxemos o broche final a este curso coa celebración do XXV Cross Escolar de Abelendo.   

Xogamos?

Relacionar Bob

ARTE CON CÁNICAS

Imagen
Facemos obras de arte con cánicas e pintura líquida. Algo moi sinxelo que nos gusta bastante! 

OS PALEONTÓLOGOS DE 4 ANOS

Imagen
Hai uns días cando chegamos a clase atopámonos cunha pequena sorpresa. Enriba das nosas mesas había un kit de paleontólogo (gafas de protección, cincel, lupa, pincel e martelo) e unha rocha para facer como os paleóntologos e poder atopar fósiles de dinosauro.   Agora todos os días algún de nos se dedica a picar un pouco na pedra. Encántanos!!!

XOGOS DE MOTRICIDADE FINA

Imagen
Hai unhas semanas incorporamos un pequeno recuncho na clase para traballar a motricidade fina, a creatividade e relaxación. Para iso empregamos pedriñas, tapóns de cores, cunchas e cortizas. Cando nos apetece imos a este recuncho onde podemos coller unhas tarxetas de motricidade tamaño A3 que podemos ir cubrindo con elementos naturais. Outras veces utilizamos o lienzo en branco e facemos as nosas creacións.     Mirade que creacións tan chulas!!!