OS CROCODILOS APRENDEMOS XOGANDO

Cada semana imos ter diferentes propostas de traballo para que libremente vaiamos a xogar e experimentar.


Xogamos a introducir tantos linguodepresores nos vasos como indica o número, traballamos a grafomotricidade con cortizas, pedras e tapóns de plástico. Coas pinzas introducimos tantos pompóns como indica o número e reproducimos modelos de pompóns atendendo ao tamaño (grandes, medianos e pequenos) e a cor.



 Compusemos palabras con letras troqueladas e fixemos o seu debuxo.

l

Fixemos os números con policubos seguindo o modelo.
 


Estrenamos a mesa da plastilina onde temos diferentes plantillas do corpo humano, da cara, monstros,... que podemos decorar dando renda a nosa creatividade.

Comentarios