XOGAMOS CON BEEBOT

Na clase de 5 anos sempre recibimos as actividades con beebot con moitas ganas.
Primeiro deseñamos un percorrido con bloques de madeira polo cal debería pasar beebot para chegar a súa casa.
 

Despois entre todos fomos programando a beebot coa axuda dunhas tarxetas para que non se nos esquezan os pasos a hora de programalo.
 

 Por último programámolo para facer o camiño á inversa (ademais tiña que dar volta) 

Comentarios

Publicar un comentario