A avoa do nobelo branco
A educación emocional a idades tan temperás como é a etapa de educación infantil é moi importante para poder regular e coñecer as propias emocións, para afrontar diferentes situacións da vida cotiá e os cambios que poden acontecer na vida de nenos e nenas tan pequenos.
Atopei este libro tan bonito sobre o papel que teñen as avoas e os avós na vida e na crianza dos nosos fillos/as: "A avoa do nobelo branco", de Baía Edicións. Parecíame bonito poder adicarlle unha sesión a falar sobre este membro familiar tan importante.
Por iso cada neno/a trouxo unha fotografía da súa avoa ou avó, pensamos nun recordo bonito que tivesemos ou historia que nos contase o noso avó/a, saíron recordos moi bonitos grazas as fotografías que trouxechedes, así que moitas grazas pola participación! Despois collimos un nobelo da nosa aula (tal como se mostra no conto) e cada neno/a foi describindo como é (ou era, nalgúns casos) os seus avós, pasando o nobelo a outro compañeiro/a ata crear unha pequena tea de araña.
Comentarios
Publicar un comentario