Día Mundial Contra a Violencia de Xénero

O pasado 25 de novembro celebramos no colexio o día Mundial Contra a Violencia de Xénero. Sentámonos na entrada do colexio, que estaba chea de lazos violetas, e falamos da importancia de tratarnos ben os uns aos outros. Aínda que o 25N é o día contra a violencia de xénero as mestras de infantil explicamos que non só debemos tratarnos ben este día senón que debemos facelo SEMPRE.
Tamén lemos o conto de "Arturo e Clementina", o cal poderedes atopar no seguinte enlace:
Arturo e Clementina
Arturo e Clementina son dúas tartarugas que se coñecen un día e deciden casar. Clementina está chea de soños e mil cousas por facer, pero a Arturo iso non lle parece ben, pensa que a súa muller é unha "parva" e que ten que quedar a limpar e coidar da casa. Vaille enchendo a súa cuncha de obxectos ata crear ata un rañaceos! Clementina, farta de ter que soportar todo iso, decide marchar e escapar de Arturo para sempre, e ser unha tartaruga LIBRE.

Para seguir conmemorando este día, visionamos na biblioteca o vídeo que todos os nenos e nenas do colexio fixeron para este día: "Querémonos vivas!". Xuntamos cancións galegas que tratan sobre a violencia de xénero e creamos este bonito poema:
Querémonos vivas!

Tamén creamos un pequeno mural coa frase "Contra a violencia, tolerancia cero", que cubrimos coas nosas mans violetas e levamos unha chapa para casa.

Comentarios