O MILLO DO POLO PEPE
Hai uns días ao chegar ao cole atopámonos coa caixa das sorpresas na asemblea. Por suposto tiñamos moita curiosidade e abrímola. Qué había dentro? Pois unha espiga de millo e unha especie de paus marróns que non sabíamos o que eran. Despois de falar para que serve o millo decidimos debullar. Unha vez debullada toda a espiga puidemos ver que eses paus marróns saen do seu interior e que se chaman carazos.
Por último, empregamos os grans de millo para pegar no traballiño do Polo Pepe para que teña comida e non pase fame. Que imos facer cos carozos? Dentro duns días poderédelo ver!!!
Comentarios
Publicar un comentario