CORTINAS DE FOLLAS

Hoxe fixemos unhas cortinas coas follas que recollemos na saída de outono. O proceso foi moi sinxelo: espallamos follas por riba de film transparente procurando que non se tocasen unhas coas outras, despois cubrimos con outra capa de film e por último tivemos que dar uns golpiños para que as follas se quedasen pegadas no papel transparente. Foi moi divertido!!!


Comentarios