XOGAMOS COS BLOQUES LÓXICOS

Hoxe despois da asemblea estivemos xogando cos bloques lóxicos. Primeiro tocamos, manipulamos e construimos coas diferentes pezas e falamos sobre si teñen ou non esquinas, se rodan, cantos lados teñen, si son todos iguais,... Despois espallamos todas as formas pola alfombra e metemos cada forma dentro dun aro dunha cor determinada. Tamén xogamos a "comprar" as diferentes pezas tendo en conta a forma, a cor e tamaño.

Comentarios