Nova clase para 3 anos
Este ano, enfrentábame como mestra a un cambio de aula e de alumnos e apetecíame darlle unha volta ao espacio que estes pequechos e máis eu vamos compartir cada día.
Buscando ideas dende finais do curso pasado e, despois de ler e informarme, animeime a modificar un pouco o espazo e, baseándome un pouco na METODOLOXÍA MONTESSORI e a súa preocupación polo espacio e a estética, quisen darlle un novo aire á miña clase. Aínda faltan moitos detalles, materiais...falta moito, pero penso que non está mal para empezar!!🤗
Quédome co que sinten os meus compañeiros cando entran e din que senten calma, que sinten paz. Pois iso quero transmitir a estes pequerrechos, quero que se sintan a gusto e disfruten estando aquí. Teño que seguir adaptando cousas e aprendendo moito, pero este ano, observando a estes nenos e nenas, sei que vou aprender moito!!!
Vai ser un ano fantástico!!! Canto reto por diante!!!

Comentarios
Publicar un comentario