O PRIMEIRO CONTO DO CURSO

Como case sempre que empezo en tres anos, encántame un conto para os primeiros días, por sinxelo, colorido, animado (ten canción, cantamos, bailamos...), pola cercanía da mamá galiña, porque aos nenos e nenas encántanlle os pitiños...bueno e porque a min tamén me encanta este conto
PEPE xa coñeceu aos meus pequerrechos de 3 anos e está encantado de estar con eles. Xa me dixo que disfruta moito nas súas casas, porque xa está indo de visita. Xa visitou a casa de SARA, de CARMEN, de VALERIA e de LAIA.
Cando volve á escola,volta contento e cheo de historias e desexando ir a coñecer a familia doutro neno ou nena. E, ocorréuseme que, para que podades cantar e bailar con él, podería compartirvos a canción.Unhacanción recollida no libro-cd CARTAS QUE VEÑEN E VAN, de Susa  Herrera e Mamá Cabra e, para que o escoitedes comparto este vídeo, publicado en "youtube" e que está montado co traballo duns nenos. (Compartido por exploradores3a). Pincha a continuación!!


Comentarios