UNHA AXUDIÑA PARA ESTES PRIMEIROS DÍAS LONGOS
Estes primeiros días completos poden ser un pouco duros e poden ter aos nenos e nenas un pouquiño preocupados. Entón, despois de ver un enlace a un blog que me enviou unha compañeira cunha idea preciosa que me encantou, ocorréuseme que podía facer algo parecido coa miña clase e pensei nisto.
A idea dos bonecos sacapenas é unha idea que coñecín polo libro que leva o seu nome: "SACAPENAS". É unha tradición guatemalteca e paréceme moi bonita de contar.
Aquí tendes o libro, por si o queredes ver na casa.
E, de regalo, unha canción ESCOITADE!!!
Agora solo espero que as penas queden debaixo da almofada e os nenos e nenas veñan contentos e cargados de bicos aos que recurrir cando precisen!!
Comentarios
Publicar un comentario