DEBULLAMOS

O outro día fun invitada á casa de campo duns amigos, alí teñen animais, árbores frutais, viñas...e, cando me din conta, atopei o millo secando amontoado, e, como levaba moito tempo querendo facer esto no cole, pero non tiña cerca quen me dera o millo, ao miralo non o dubidei e, pedinlle por favor a este amigo que me dera unhas espiguiñas para os meus nenos. Como Dani é encantador, díxome que si claro e, aínda que nun primeiro momento mas quería cobrar, ao final regaloumas (é broma)
E, claro, o luns, toda contenta, leveinas á clase para que os meus pequeniños desfrutaran con elas...tocáronas, ulíronas... cando preguntei, ninguén sabía de onde saían. Laia dixo que a súa avoa tíñaas para darlle de comer ás galiñas, pero non sabían de onde saían...está claro que estes nenos estanse alonxando do rural!! É unha pena!!Miramos no ordenador a planta do millo e falamos de para qué se usaba. Logo DEBULLAMOS!!! Foi moi divertido, MIRADE!!!


Este millo utilizarémolo para xogar, para facer trasvases, para tocar, para sentilo seu tacto...para APRENDER!!!



Comentarios