PLANTAMOS LANDRAS
Aproveitamos algunhas das landras que recollimos hai uns días para plantalas:
1º Levamos a cabo a “proba de flotación”, e dicir, metemos nun vaso cheo de auga as landras para comprobar cales estaban en bo estado para ser plantadas , e dicir, desvotamos as que flotan e aproveitamos as que se non flotan e polo tanto están ben para comezar o proceso.
2º Pusémoslle o nome ao recipiente onde imos plantar a landra, reutilizado xa que son botes de potiños de bebés.
3º Colocamos unha camiña de algodón no fondo dos botes e apousentamos a landra no algodón e as tapamos con máis algodón.
Por último, botamos un pouco de auga para humedecer o algodón.
Xa estamos desexando que comece a saír a punta da raíz da cáscara.
Comentarios
Publicar un comentario