SAÍMOS AO MONTE E TRABALLAMOS COS FROITOS

A semana pasada os nenos e nenas de infantil e primeiro ciclo fomos ao Monte de LARA a dar un paseo, recoller froitos, follas, paus...a mirar o bosque en outono, a percebir as cores, marróns, amarelos, laranxas,ocres...
Ao chegar levamos un chasco porque cortaran un montón de árbores e o monte non estaba tan bonito como a última vez, pero bueno, igual recollemos landras e castañas, pauciños, follas...
Encima, atopamos un vello colchón e dende alí osmestres chamaron ao concellopara que oviñeran retirar. Foi unha das primeiras misións dos gardiáns da TERRA. Aproveitamos para pedirvos a todos que tomedes conciencia das cousas que tirades aos montes. Toda esta basura, logo, en caso de incendios coma os destes días,non fai máis que facilitar que o fogo se propague e, encima, o monte está cheo que porquería, así que, TOD@s A COIDAR OS NOSOS MONTES!!!




Despois, cando chegamos á clase, noutro día, clasificamos o que recolleramos para incluílo no noso espacio adicado á natureza na aula easí poder disfrutar destes materiais durante moito tempo na clase.





Unha vez os seleccionamos, escollemos landras para plantar e quemedren fermosos carballos. Primeiro metémolos en auga para ver cales valerían e, de momento témolas con algodón mollado para
que xerminen, mirade...





Agora solo haberá que esperar a que pasen os días e observar moooooiiiiii atentos!!!

Comentarios