DEBUXO COLABORATIVO

Onte, na clase de 4 anos, Xavi foi o encargado e cando foi debuxar o seu esquema corporal quixo que lle axudaran todos os compañeiros. Entón un a un fomos completando o seu debuxo. Encantounos compartir!!!
 



           

Despois da asemblea decidimos ir a sala da fotocopiadora a coller papel continuo para facer un debuxo de forma colaborativa.


 

Como non nos dou tempo onte, porque tivemos que ir a biblioteca a buscar o conto, tivemos que deixalo para hoxe. E así foi, hoxe debuxámonos todos dun xeito especial, e dicir, cando o profe dicía cambio tiñamos que ir rotando cos compañeiros para continuar o seu debuxo ata que finalmente chegamos de novo ao debuxo que comezamos.


Mirade!!! Se normalmente debuxamos xenial hoxe en equipo fixémolo mellor!!!





Comentarios

  1. 😃😃🙂🤗😇👗🎒👝👑👞👟

    👟👟👟👞👒👑🎩
    A Vera encántalle mirarse nas fotos!!
    Grazas, profe Óscar, por compartir tantas cousas con nos!!!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario