Xoves cociñando!!

Hoxe tivemos un día estupendo no cole. OBRADOIRO DE COCIÑA, co que nos gusta cociñar e "xogar" cos alimentos. E así, sen case darnos conta, traballamos un montón de cousas tan importantes...texturas, sabores, olores...melloramos a motricidade, experimentamos...e o mellor de todo, dándolle un sentido e por riba...logo podemos comer o que facemos!! Mmmmmmm!!! Que rico!!

Hoxe tocounos pizza. Amasamos, estiramos, pusémoslle os ingredientes e...ao forno!!
Antes de nada lavamos os cacharros e as mans, claro!! E logo, veña a cociñar. E tamén, entre unhas cousas e outras, lambemos un pouquiño de tomate, comemos unha oliva...nunha palabra: DESFRUTAMOS!!

Queredes mirar?? Porque probar xa o probastes, non sí??? Pois mirade!!


Comentarios