OBRADOIRO DE COCIÑA EN SAMAÍN
Esta semana pasada celebramos no colea festado SAMAÍN. O luns fixemos un obradoiro de cociña e, a madriña de Noelia, SANDRA, viu ao cole para axudarnos a cociñar.
Fixemos un biscoito de cabaza que nos deu moito traballo, pero que nos divertiu moito facer.
O primeiro, antes do recreo, tivemos que raiar a cabaza, e isto deunos moito traballo. "Profe xa non quero máis", "estou canso", "Logo sigo", "Axúdame"....era o que se escoitaba., pero como somos uns nenos e nenas moi traballadores que nos esforzamos moito, fixémolo fantástico e, para a hora do recreo tiñamos toda a cabaza raiada.
E, por último,antesde irmos á casa, SANDRA Tíñanos unha sorpresa!! Qué alegría, un agasallo,por riba devira axudar trouxo un agasallo...Grazas Sandra, esperámoste sempre que queiras!! VOLVE AXIÑA!!
Fixemos un biscoito de cabaza que nos deu moito traballo, pero que nos divertiu moito facer.
O primeiro, antes do recreo, tivemos que raiar a cabaza, e isto deunos moito traballo. "Profe xa non quero máis", "estou canso", "Logo sigo", "Axúdame"....era o que se escoitaba., pero como somos uns nenos e nenas moi traballadores que nos esforzamos moito, fixémolo fantástico e, para a hora do recreo tiñamos toda a cabaza raiada.
MIRADE!!
Despois, xuntámonos as tres clase de infantil e pusémonos mans á obra para cociñar un rico biscoito.
Comentarios
Publicar un comentario