Entradas

Mostrando entradas de marzo, 2018

PROXECTO DINOSAUROS 4 : COMO NACEN? QUE TEÑEN POR DENTRO?

Imagen
Investigamos sobre como nacen os dinosauros e descubrimos que os animais que nacen dos ovos son ovíparos e puxémonos mans a obra para reproducir o noso ovo de dinosauro.  Tamén estivemos buscando imaxes do corpo dos dinosauros por dentro e miramos que tiñan osos, e dicir, esqueleto. Como nos gusta tanto facer formas cos tubos de cartón fixemos o esqueleto do Braquiosaurio con tubos e cinta carroceira.   Gústanos moito facer de dinosauros, desplazarnos como eles, comer, gritar,... TIRANOSAURIO REX   BRAQUIOSAURIO

SAÍDA APÍPOLIS

Imagen
O pasado 16 de marzo fomos de excursión a "Apípolis" alí fixemos un obradoiro de cociña de galletas, visitamos a exposición de abellas onde puidemos buscar a abella raíña, fomos ao apiario, sacamos mel e fixemos as nosas velas de cera.  UNS APICULTORES PROFESIONAIS ONDE ESTÁ A RAÍÑA? EXTRAEMOS MEL  FACEMOS GALLETAS

PROXECTO DINOSAUROS 3

Imagen
Estes días estivemos lendo nos libros de dinosauros que trouxemos da casa que eran e como eran os dinosauros? Xa sabemos que eran reptiles prehistóricos, que eran de diferentes cores e tamaños, que algúns andaban a 4 patas e outros con dúas, que algúns eran herbívoros e outros carnívoros, incluso que a súa pegada era diferente. Tamén estivemos lendo algunhas características dun dos nosos dinosauros prefereridos o Tiranosauro Rex e do Braquiosauro . Despois de falar das súas características e diferenzas decidimos modelar con plastilina o Braquiosauro. Fíxonos tanta ilusión que pronto repetiremos con outros dinosauros (gústannos tanto os dinosauros que ata fixemos as pedras que o Braquiosauro tragaba para facer a dixestión ) Estamos feitos uns artistazos!!!  Que non falten árbores para que coman as follas os Braquiosauros

PROXECTO DINOSAUROS 2

Imagen
Na clase de 4 anos estamos encantados investigando sobre os dinosauros. Nesta ocasión fixemos unha paisaxe con area, pedras, palmeiras e dinosauros. Divirtenos moito xogar coa area!!! OS NENOS E NENAS ENCHENDO A CAIXA DE AREA AQUÍ ESTAMOS COLOCANDO PEDRAS, PALMEIRAS, ROCHAS E DINOSAUROS

OBRADOIROS DE COCIÑA: TARTA DE MAZÁ E BISCOITO DE CHOCOLATE

Imagen
Hai cousa dun mes a profe Evi nos convidou a facer dous obradoiros de cociña e aquí tedes algunhas fotos que xa se nos olvidaba de amosárvolas. FIXEMOS TARTA DE MAZÁ   AQUÍ ESTAMOS FACENDO BISCOITO DE CHOCOLATE

PAUL KLEE 3: VERSIONAMOS "GATO E PÁXARO"

Imagen
Continuamos profundizando en Paul klee e nesta ocasión versionamos a obra "Gato e páxaro" . Como facemos sempre primeiro facemos a análise do cadro e despois realizamos a nosa versión persoal que neste caso consistiu en pintar con acuarelas o cadro. Por último, cada un de nós elixiu un titulo para poñerlle ao cadro. Aquí está o resultado!

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

Imagen
Os nenos e nenas de Educación Infantil queren felicitar as mulleres neste día tan especial!!! Parabéns a todas as mulleres!!!

DÍA DA AMIZADE

Imagen
O pasado 14 de febreiro celebramos o día de San Valentín e da amizade. Para iso miramos un videoconto "Así es mi corazón" un fabuloso álbum homenaxe ás emocións e os sentimentos dos nenos, para que os recoñezan en todas as súas formas e todas as súas cores: alegría, tristeza, calma, enfado, medo. A sinopse do conto é: "O meu corazón é como unha casiña. Dentro pasan moitas cousas e están todas revoltas! Hai risas ruidosas e días de choiva, enfados grandullóns e ganas de saltar a pata coxa. Hoxe vou abrir a porta do meu corazón para convidarte a pasar". Despois de ver o videoconto representamos en cartón os nosos corazóns tal e como nos cremos que é. O que tivemos claro foi que os nosos corazóns teñen moitas cores!  

PROXECTO DINOSAURIOS 1

Imagen
Na clase de 4 anos decidimos investigar sobre os dinosauros. O primeiro que fixemos foi falar sobre o que sabemos deles e do que nos gustaría saber. Despois escribimos unha nota entre todos para pedirlle as nosas familias colaboración aportando fotos, información, xoguetes, libros, murais,... para investigar.   Tamén fixemos debuxos de dinosauros a gran escala. Estamos moi ilusionados e con moitas ganas de investigar!!! Xa vos iremos contando as cousiñas que vaiamos facendo.

ESCULTURA CON MATERIAL DE DESFEITO

Imagen
Estamos feitos uns verdadeiros escultores!!! Fixemos as nosas creacións ensartando anacos de cartón, cartolina e goma eva en arame. Despois démoslle forma ao arame e o clavamos na superficie de espuma. Por último, decoramos a base con gomets.

PAUL KLEE 2. VERSIONAMOS LÚA CHEA

Imagen
A semana pasada na clase dos crocodilos estivemos versionando "Lúa chea". Estivemos analizando as cores, formas xeométricas, o que observamos na obra, as emocións que nos transmiten, incluso a que ule e a que sabe.