Entradas

Mostrando entradas de octubre, 2018

XOGAMOS COA CASIÑA DOS NÚMEROS

Imagen
Estivemos xogando á descomposición do número 5 coa casiña dos números.  Por quendas, cada un de nós foi colocando en cada piso aos amigos do número 5 , é dicir, aqueles números que xuntos suman 5. Deste xeito, logramos plantexar todas as composicións posibles ( 5-0, 0-5, 4-1, 1-4, 3-2, 2-3)

RECOLLEMOS PIPAS DE XIRASOL E AS FABAS

Imagen
Saímos ao patio do cole a recoller as pipas de xirasol que plantamos alá polo mes de marzo. Despois na clase fomos desgranando as pipas para gardalas e volver a plantar na primavera.

PARABÉNS ANDRÉS

Imagen
Andrés estivo de aniversario!!! Xa ten 5 anos!!! Moitas felicidades campión!!! Andrés deu 5 voltas arredor do sol a vez que nos ía ensinado fotos de momentos importantes da súa vida.  Convidounos a tarta de chocolate e zumes. Entre todos de forma cooperativa fixemos un mural coas 4 fotos mais importantes (uns recortamos as fotos, outros pegamos as letras do título, outro grupo escribiu o pé de foto). Por último, todos xuntos decoramos a cartolina con gomets, rotuladores, troqueles,... Mirade que chulo nos quedou!!!

XOGAMOS CON BEEBOT

Imagen
Na clase de 5 anos sempre recibimos as actividades con beebot con moitas ganas. Primeiro deseñamos un percorrido con bloques de madeira polo cal debería pasar beebot para chegar a súa casa.   Despois entre todos fomos programando a beebot coa axuda dunhas tarxetas para que non se nos esquezan os pasos a hora de programalo.    Por último programámolo para facer o camiño á inversa (ademais tiña que dar volta) 

OS CROCODILOS APRENDEMOS XOGANDO

Imagen
Cada semana imos ter diferentes propostas de traballo para que libremente vaiamos a xogar e experimentar. Xogamos a introducir tantos linguodepresores nos vasos como indica o número, traballamos a grafomotricidade con cortizas, pedras e tapóns de plástico. Coas pinzas introducimos tantos pompóns como indica o número e reproducimos modelos de pompóns atendendo ao tamaño (grandes, medianos e pequenos) e a cor.  Compusemos palabras con letras troqueladas e fixemos o seu debuxo. l Fixemos os números con policubos seguindo o modelo.   Estrenamos a mesa da plastilina onde temos diferentes plantillas do corpo humano, da cara, monstros,... que podemos decorar dando renda a nosa creatividade.

TEA DE ARAÑA

Imagen
Nos primeiros días de cole fixemos a dinámica de grupo "A tea de araña" onde cada un de nos  comentou o que esperaba para este novo curso (xogar, divertirnos, facer amigos, pasalo ben...) Gustounos moito e pronto repetiremos .

BENVIDOS AO NOVO CURSO!!!

Imagen