Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2019

BO NADAL!!

Imagen
Os nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Abelendo....

Visita ás Escolas Infantís Cocoricó, Dalila e Galiña Azul

Imagen
Este decembro realizamos unhas saídas moi especiais: visitamos ás escolas infantís de Moaña para desexarlles a todos e a todas unhas boas festas. Levamos diferentes agasallos feitos polo alumnado de infantil (xa vos dixeramos que andabamos moi ocupados!!), e tamén recibimos agasallos das outras escolas.

Contacontos de Teo: Corno de Unicornio

Imagen
O outro día Teo trouxonos unha sorpresa moi especial preparada da casa: unha sesión de contacontos!! Contou aos seus amigos e amigas o conto de "Era unha vez un corno de unicornio" (podes ver o conto neste enlace Era unha vez corno de unicornio ). Aínda que na clase xa o coñecíamos porque o temos no noso recuncho de Unicornios, nunca está de máis escoitalo da man de outra persoa! Teo o fixo xenial e, ademais, tiña gardado un agasallo, un Corno de galleta!! Xogamos por toda a clase a correr e a voar como fan os protagonistas do conto, que ben o pasamos!! E por último, despois de xogar... toca comer!! Mmmm, riquísimo!! Moitas grazas á mamá de Teo por esta idea tan chula, e sobre todo a Teo por facelo tan ben. O noso proxectos dos Unicornios está a piques de rematar, así que aínda estades a tempo de traer algunha actividade que se vos ocorra!! Biquiños, profe Eli

A avoa do nobelo branco

Imagen
A educación emocional a idades tan temperás como é a etapa de educación infantil é moi importante para poder regular e coñecer as propias emocións, para afrontar diferentes situacións da vida cotiá e os cambios que poden acontecer na vida de nenos e nenas tan pequenos. Atopei este libro tan bonito sobre o papel que teñen as avoas e os avós na vida e na crianza dos nosos fillos/as: "A avoa do nobelo branco", de Baía Edicións. Parecíame bonito poder adicarlle unha sesión a falar sobre este membro familiar tan importante. Por iso cada neno/a trouxo unha fotografía da súa avoa ou avó, pensamos nun recordo bonito que tivesemos ou historia que nos contase o noso avó/a, saíron recordos moi bonitos grazas as fotografías que trouxechedes, así que moitas grazas pola participación! Despois collimos un nobelo da nosa aula (tal como se mostra no conto) e cada neno/a foi describindo como é (ou era, nalgúns casos) os seus avós, pasando o nobelo a outro compañeiro/a ata crear unha peq

Os ovos da galiña

Imagen
Na clase de 4 anos xogamos a "Os ovos da galiña". Cada neno/a tiña que elixir unha galiña e poñer tantos ovos como indicaba a galiña.

Visita da Protectora de Animais do Morrazo

Imagen
Comezamos decembro con moitas sorpresas!! A primeira delas é a visita da Protectora de Animais do Morrazo para o alumnado de educación infantil, que ben o pasamos!! Ao principio estábamos un pouco asustados e asustadas ao ver a un can tan grande, pero despois xa nos demos conta de que León era un anaco de pan!! Deunos moitos bicos e quería agarimos todo o tempo, canto desfrutamos! A protectora de animais é unha organización sen ánimo de lucro que leva dende o ano 1993 rescatando, coidando e facéndose cargo daqueles animais, especialmente cans, que son abandonados polos seus donos. Na visita ao noso colexio contáronnos todo o que alí fan e todos os coidados básicos que precisan os cans: xogar, ir ao veterinario, saír a pasear, asealos... Ensináronnos tamén nun vídeo como é un día normal na protectora e puidemos ver que fanse cargo de coidar a moitos canciños!! Ademais, tivemos a oportunidade de darlle de comer e aprender a recoller as "cacas"que deixan os cans. Podes ver a

Día Universal da Infancia

Imagen
O 20 de novembro conmemórase o Día Universal da Infancia. Os nenos e nenas de 6º de educación primaria viñeron contarnos cales son os nosos dereitos: dereito a xogar, á educación, á saude, a ter unha familia... Moitas grazas nenos e nenas de 6º e tamén a súa profe Abi por explicarnos tan ben os nosos dereitos!!

Día Mundial Contra a Violencia de Xénero

Imagen
O pasado 25 de novembro celebramos no colexio o día Mundial Contra a Violencia de Xénero. Sentámonos na entrada do colexio, que estaba chea de lazos violetas, e falamos da importancia de tratarnos ben os uns aos outros. Aínda que o 25N é o día contra a violencia de xénero as mestras de infantil explicamos que non só debemos tratarnos ben este día senón que debemos facelo SEMPRE. Tamén lemos o conto de "Arturo e Clementina", o cal poderedes atopar no seguinte enlace: Arturo e Clementina Arturo e Clementina son dúas tartarugas que se coñecen un día e deciden casar. Clementina está chea de soños e mil cousas por facer, pero a Arturo iso non lle parece ben, pensa que a súa muller é unha "parva" e que ten que quedar a limpar e coidar da casa. Vaille enchendo a súa cuncha de obxectos ata crear ata un rañaceos! Clementina, farta de ter que soportar todo iso, decide marchar e escapar de Arturo para sempre, e ser unha tartaruga LIBRE. Para seguir conmemorando este día,

Contacontos

Imagen
Os contacontos deste trimestre tamén remataron!! Os nenos e nenas de infantil estamos moi ocupados preparando cousiñas... Rematamos este trimestre co conto de "Monstruo Rosa" e con "Arturo e Clementina", o cal lemos o día mundial contra a violencia de xénero.

Obradoiros interniveis

Imagen
Rematamos os obradoiros interniveis deste trimestre, temos moitas cousas que facer e ensaiar... Que estaremos a preparar?? O poderedes ver dentro dunhas semaniñas... Seguimos desfrutando coa realidade aumentada e a aplicación Chromville onde puidemos darlle coidados á planta e ver como crecía, observar os músculos e os ósos do noso corpo e ver os diferentes elementos da paisaxe. Na biblioteca tamén tiñan uns contos con realidade aumentada que puidemos desfrutar coa tablet. En cociña fixemos plastilina caseira con colorante e masa. Agora teremos que esperar á volta das vacacións para seguir experimentando!!