SAÍDAS Á CONTORNA DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS

Como sabedes, o pasado 5 de xuño celebrouse o Día Mundial do Medioambiente e para celebralo os nenos e nenas da aula de 3 anos saíron coas súas familias a desfrutar do privilexiado entorno natural que temos.
ALBA foi a pasear coa súa familia a Meiro, desfrutou motísimo e aproveitou para recoller algo de basura e facerlle unha foto preciosa a unha flor. 🌷🌸






AROHA aproveitou a súa saída para facer un picnic e xogar nas árbores e tamén o pasou xenial! 🌳🌲🍒






 No paseo de MARTÍN atopou moitas árbores diferentes como xestas, castiñeiros, eucaliptos, piñeiros... E moitos herbas que xa coñecía como as silvas e os fentos e ata unhas plantiñas de amorodos. Tamén merendou nunhas mesas que estaban debaixo duns castiñeiros e había unha fonte o lado na que tirou unha folla de fento para ver como se ía coa corrente polo regato. Despois foi dar un paseo no que atopou unha arbore caida e montouse enriba!!!!








E despois de dar os seus paseos, Martín e Alba tamén tiveron tempo para facer o experimento da auga que camiña e saiulles xenial!
Aquí está o de ALBA



E este é o de MARTÍN









Comentarios