TERCEIRO EXPERIMENTO

Ola a tod@s!!! Sabedes que día é hoxe???? A ver mirade no calendario....👀👀 Xa vos escoito decir: MÉRCORES!!!! E que toca os mércores???? Pois un novo EXPERIMENTO!!!!!
Hoxe imos xogar con cores e con auga. Vós pensades se a auga pode camiñar??? Si, non, si, non....
Pois con este experimento imos averiguar a resposta.

Os materiais que precisamos son:
  • Vasos de plástico
  • Colorantes azul, amarelo e vermello.
  • Auga
  • Papel absorbente (papel de cociña ou similar).
Pasos:
  1. Colocar sete vasos de plástico en fila e encher de auga o primeiro, o terceiro, o quinto e o séptimo. (encher ata arriba)
  2. Engadir 5 gotas de colorante vermello no primeiro e no último vaso.
  3. Engadir 5 gotas de colorante amarelo no terceiro vaso.
  4. Engadir 5 gotas de colorante azul no quinto vaso.
  5. Coller unha folla de papel absorbente e doblala pola mitad. Volver a doblar outra vez no sentido lonxitudinal. Colocar a folla de papel abosorvente doblada dun vaso ao outro, de forma que conecte cada vaso co seguinte.
  6. Facer o mesmo con todos os vasos.
  7. Observar que comeza a pasar cos vasos. A auga coloreada empezará a subir polo papel ata o seguinte vaso e baixará ata o vaso vacío que ten ao lado. As dúas cores empezarán a mesturarse no vaso vacío. (Hai que deixar pasar aproximadamente 2 horas para observar o resultado completo)

Explicación:
O papel está feito de fibras e a auga pode viaxar polos ocos das fibras. Os ocos do papel actúan como veas e tiran da auga cara arriba. É parecido a como nas plantas sube a auga desde as raíces ata as follas na parte superior.
A auga pode moverse cara arriba conta a gravidade debido ás forzas de atracción das fibras do papel absorbente.

Esperamos que desfrutedes facendo este experimento e que nos enviedes os vosos vídeos e fotos!!!📷

Comentarios