Primer día de colexio na clase de 5 anos
Ola familias!! Xa comezamos de novo este curso tan diferente e complicado. Os nenos e as nenas da clase de 5 anos xa son os mais maiores do ciclo de infantil e hoxe fixéronno xenial coas súas rutinas de entrada, saída e hixiene. Todas as mestras de infantil estamos poñendo todo da nosa parte para crear o entorno educativo o máis seguro posible, pero as cousas non son fáciles, sobre todo á hora de manter as distancias. Aínda así farémolo o mellor que poidamos. Aquí vos deixo unhas fotiños do primeiro día, onde merendamos e xogamos moito ao aire libre por diferentes zonas da escola. Ademais de xogar nos recantos de maneira individual. Bicos e boa finde.