Traballos - Proposta 9 - Experimento 3 - Clase 4 anos
Aquí estamos de novo unha semana máis, a penúltima!!
A Ada e a súa familia encántalle realizar rutas e saír a pasear por entornos naturais, así que acercáronse ao Lago Castiñeiras, á finca de Frendoal, a Chan D'Arquiña e á Cruz do Paralaia.🍀
Aquí tamén a podemos ver desfrutando na súa casa, non todo vai ser traballar!!
Nahia aproveitou a súa saída coa súa irmá Xiana para quitarlle fotos a flores, cogumelos, árbores...🌺
Li foi a un lavadeiro antigo coa súa curmá Aroha e acompañado dos seus cadeliños. Alí aproveitaron e puxéronse a pescar 🐟
Paula acercouse ao monte do Carrachal. Subiuse a unha árbore, quitoulle fotos a unha piña, nunha fonte... Que ben o pasou!🍃🍄
Sergio achegouse ata a Poza da Moura e alí desfrutou das boas vistas e dalgún animal que atopou polo camiño🐍. Ao chegar a casa fixo un debuxo da súa saída cos seus acompañantes, non falta detalle.🌿
Teo mándanos fotos por diferentes sitios aos que foi, como o sendeiro de Rialdarca, Monte Aberto...
En canto aos experimentos, aí van...🌟
Encantáronme todas as fotos, esta proposta foi moi bonita e espero que a vos tamén vos gustara, temos que coidar o que nos rodea!!🌻🌼🍁
Imos a pola última!👍
Comentarios
Publicar un comentario